top of page

ACTUALIDADE

ULTIMAS NOVIDADES SOBRE A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE AMOEDO

05b500f8-7a52-42f0-a025-d3e9f9c304eb.JPG

Imaxes do II Campionato de Bolos Celtas de Amoedo.

24 de Agosto de 2021

A Comunidade Montes de Amoedo ven de celebrar o pasado día 22 de Agosto o II Campionato de Bolos Celtas. A xornada transcurriu con tranquilidade e acolleu a máis de 200 asistentes. 

Pincha aquí para ver as imaxes realizadas durante a xornada . 

+

Untitled

Celebración Campionato de Bolos Celtas na Honra de San Roque

20 de Agosto do 2021


A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Amoedo ven de anunciar a celebración dun Campionato de Bolos Celtas programado para o vindeiro día de 22 de Agosto do 2021.
O campeonato dará comezo ás 11 da mañá, na Carreira de Bolos da Chan. 
O obxetivo deste campeonato é “recuperar a tradición do xogo dos bolos celtas, algo que fai 40 anos era moi habitual en Amoedo, xa que había varias carreiras onde a xente se xuntaba os domingos para xogar, polo que a actividade conta cun gran significado deportivo pero tamén social e cultural” según comentan dende a organización.
A xornada conmemora tamén as Festas de San Roque, un dos santos da parroquia.  O recinto contará con servizos de comida e bebida.
Dende a organización animan a todo o mundo a achegarse ata Amoedo o día 22 para pasar unha xornada tranquila e agradable disfrutando dunha tradición tan importante.

Leer más
Untitled

Evento de Motos “Dirt Track” no Campo de Futbol de Amoedo

03 de Xullo do 2021

Esta fin de semana tivo lugar no Campo de Fútbol de Amoedo un evento deportivo vinculado ao mundo do motor, neste caso, ás motos.


A Comunidade de Montes colaborou cos organizadores do evento deixandolle a súa disposición a moto bomba de auga para irragar o campo e que a actividade se desenvolvese nas mellores condicións posibles.

Leer más
DSC_1462.JPG

Visita do alumando do CPI Curros Enríquez á Carreira de Bolos Celtas de Amoedo.

22 de Xuño do 2021.

 Durante a mañá do día 22 de Xuño o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da E.S.O. do CPI Curros Enríquez visitou a Carreira de Bolos Celtas de Amoedo. A visita foi organizada polo Centro Educativo, contando ca colaboración e apoio da Comunidade de Montes. 


A actividade consistiu nunha visita á Carreira de Bolos Celtas para así amosarlle ó alumnado as cuestións esenciais deste xogo tradicional. As explicación sobre os Bolos Celtas foron posibles grazas a colaboración de Xosé Lourenzo , presidente do Clube de Bolos Celtas “Lume no Cús” de Soutomaior, e Noli Lourenzo, xogador deste mesmo clube, que foron os encargados de amosarlle ó alumnado como se xogaba. Tras isto, as alumnas e alumnos probaron sorte e tiraron algunhas boladas. 


Tras a finalización da actividade, entregóuselle a cada alumna e alumno un diploma de recoñecemento pola súa participación e visita á Carreira de Bolos Celtas. 

Para máis fotos da visita pulsa aquí.

Leer más
qdigz47Q.jpeg

Visita do alumnado do CPI Curros Enríquez á Senda Arquelóxica de Amoedo.

21 de Xuño do 2021.

O pasado día 18 de Xuño o alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI Curros Enríquez visitou parte da Senda Arqueolóxica de Amoedo, situada en terreos da Comunidade de Montes. A visita foi organizada polo Centro Educativo e a Biblioteca Municipal. A Comunidade de Montes colaborou na actividade mediante a preparación da zona (con labores de limpeza).


Tras a visita, ofrecéuselle a todas e todos os participantes da saída unha pequena merenda e un agasallo, en sinal de agradecemento polo interese mostrado polo patrimonio da Parroquia de Amoedo. Este agasallo foi unha pequena postal dun dos petroglifos situado no Monte Veciñal. Tamén se lle fixo entrega dun cadro ca mesma imaxe ó Concello de Pazos de Borbén.  

Para máis fotos da visita pulsa aquí. 

Leer más
DSC_1379_edited.jpg

Instalación de bancos de pedra nas zonas de Monte Veciñal.

14 de Xuño do 2021. 

A Comunidade de Montes procedeu á instalación de bancos de pedra en zonas de Monte Veciñal.  Esta iniciativa ten como finalidade fomentar o emprego do Monte  Veciñal como un espazo de uso e disfrute das veciñas e veciños, creando zonas de descanso e áreas recreativas. Un exemplo da instalación destes bancos tivo lugar no Monte dos Curros  (coordenadas 42.291142 , -8.563570 ), creando así un mirador cara o entorno paixasítico da Ría de Vigo. 

IMG_5239.JPG

Labores de limpeza das levadas e pozas de Valongo e do Espiñeiro.

15 de Xuño do 2021

A Comunidade de Montes participou na organización da xornada de limpeza das pozas e levadas de Valongo e do Espiñeiro realizada o día 12 de Xuño do 2021. As veciñas e veciños regantes da parroquia participaron na limpeza das mencionadas pozas, organizandose en dous grupos. A media xornada, a Comunidade de Montes proporcionou unha merenda para as e os veciños que acudiron a realizar as mencionadas labores.

Leer más
Captura de pantalla 2021-05-11 a las 9.2

Plantación de especies arbóreas nos Montes Veciñais.

30 de Marzo do 2021. 

A Comunidade de Montes comezou a desenvolver por diferentes zonas de Monte Comunal unha serie de plantíos tras a obtención dunha subvención para o desenvolvemento de reforestación con especies arbóreas.

Leer más
19066f83-68bd-4d4a-95b9-930044e2caf3.jpg

Adquisición de Maquinaria para os traballos de limpeza do monte.

30 de Marzo do 2021. 

Imagen 1.png

Convocatoria de Asamblea da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Amoedo no 2020

30 de Marzo do 2021. 

Leer más
ACTUALIDADE: Noticias
bottom of page